Select your tickets
Online sales are closed.
For more information please contact the organizer.
The organizer's data is in the "Brought to you by" section.
Event details
Data e hora: 3 de maio, ás 19.00 horas.
Compañía: Deimos Teatro
Nun recuncho perdido entre as sombras dunha tormentosa noite, as portas dunha taberna ábrense para dar paso a un desfile de historias extraordinarias. Deimos Teatro transpórtanos a un mundo onde o cómico e o macabro conviven en perfecta harmonía. Relatos como o canto tráxico dun Miserere eterno, un confesionario en tempos de pandemia, un pintor obsesionado coas tebras de Goya e o enigma hipnótico das sirenas entrelázanse para tecer unha velada inesquecible.
Cada escena, cargada de humor, intriga e poesía, mergúllanos nun universo de emocións intensas e xiros inesperados. Unha obra que celebra o poder da narración e lémbranos que, entre as risas e os calafríos, todos temos dentro unha historia digna de ser contada.
Entrada xeral: 3 euros/persoa. Non se admiten devolucións de entradas.
Access policy